¿Recordar
mis datos?
Registro ¿Contraseña olvidada?
publicidad

25 persoas participarán no voluntariado ambiental de ADEGA nos Ancares

0 Flares 0 Flares ×

A Serra dos Ancares na comarca veciña do Bierzo será testemuña da IV Xornada de voluntariado ambiental organizada por ADEGA no seu novo proxecto Charcas con Vida. Venres 18 e sábado 19 de outubro en Villafranca del Bierzo

Villafranca del Bierzo – Redacción – 18 OCT 13

Antigamente na zona extraíase barro para recubrir os fornos, e ao escavar para extraelo formábanse pozas que eran aproveitadas como hábitat de alimentación de certas especies de animais e plantas. Hoxe en día co cese desta extracción, estas antigas charcas atópanse colmatadas e son case inexistentes. Esta situación contribúe a diminución das poboacións de organismos tan ameazados como os anfibios xa que carecen dun hábitat xa de por si escaso na zona.

IV Xornada de voluntariado ambiental organizada por ADEGA

IV Xornada de voluntariado ambiental organizada por ADEGA

As charcas ou pozas son pequenos pero importantes espazos para a conservación da biodiversidade. Por iso a creación dun pequeno humidal sempre é beneficiosa. Anfibios, aves, invertebrados … e tamén certos tipos de plantas ou algas son algún exemplos dos seres que se ven favorecidos por este tipo de actuacións. Dende o proxecto Charcas con Vida achegamos a cidadanía a estes lugares e damos ferramentas válidas para a súa conservación.

As actuacións que se van desenvolver realizaranse nunha finca cedida para tal fin pola Xunta Veciñal do pobo de Teixeira en colaboración co Concello de Villafranca del Bierzo mediante un acordo de custodia do territorio. A custodia do territorio é unha nova e crecente ferramenta de conservación do patrimonio natural e cultural consistente no acordo entre unha ou varias entidades de custodia (ONG, concello, etc) e un propietario ou propietaria para conservar ou recuperar os valores ambientais e culturais dun espazo concreto.

Participarán 25 persoas como voluntarias e voluntarios ambientais tanto de Galiza coma da comarca Berciana. Contarán con seguro de accidentes, e terán cubertas as comidas e a pernocta en Villafranca del Bierzo.
O proxecto Charcas con Vida conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e realízase en convenio co CIBIO (Centro de Investigaçao em biodiversidade e recursos genéticos, Portugal). Para esta actividade colaboran tamén Amigos de Ene. Museo Nacional de la Energía, o concello de Villafranca del Bierzo, a Reserva da Biosfera dos Ancares Leoneses e WWF.

+info www.adega.info

Publicar una respuesta

Time limit is exhausted. Please reload CAPTCHA.

Las Galerías Fotográficas de SoyRural.ES
Blogs amigos
Blog de David Soto Blog de Julio Miguel Soto - Pueblos y Gentes


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 Buffer 0 Email -- 0 Flares ×